Mesa redonda con persoas das xeracións posteriores á transición
Mesa redonda con persoas das xeracións posteriores á transición
07 de maio de 2026
Hora: pendente
Salón de Actos da Deputación de Lugo
Entrada de balde
Con:
- Alicia Carballedo Portela. Xornalista. Directora de Radio Lugo – SER.
- Olga Louzao Aldariz. Licencidada en Ciencias Políticas.
- Serxio María Rodríguez Álvarez. Politólogo e historiador galego.
- Fernando Suárez Barcia. Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos.
- Presentador/moderador: Xosé Ramón Cando Vázquez, filósofo e escritor.
Que pensan as xeracións que naceron con posterioridade aos anos 70 sobre aquela Galicia
e a Galicia de hoxe, sobre aquel mundo e o mundo de hoxe?
Con frecuencia escóitanse voces de insatisfacción co presente e mesmo de desafección co sistema. Semella que se está estendendo unha desconfianza e un retroceso respecto a todo aquelo que, noutra hora, simbolizaba o avance e a ilusión. Contra o que cabía agardar, parece que isto acentuase nas xeracións mais xoves, particularmente nos varóns destas xeracións. Que hai de todo isto?
Para contestar a estas preguntas imos contar con catro persoas, de ámbitos e de profesións
diversas; algunhas participaron activamente na actividade política e outras non pero todas elas comparten unha preocupación polo seu entorno e polo mundo en que viven, en que vivimos.
O presentador será Xosé Ramón Cando Vázquez, membro do Grupo Doxa de Filosofía. Foi profesor desta materia no Instituto Nosa Señora dos Ollos Grandes de Lugo. Publica periodicamente no diario EL Progreso.
Dentro do ciclo «Agora non é antes» organizado polo Club Cultural Valle Inclán polo seu 60 aniversario. Vindeiras citas do ciclo:
28/05 CONFERENCIA de Antón Losada: O ESTADO DO MUNDO HOXE E NÓS . ESTÁ EN PERIGRO A DEMOCRACIA?
Toda a información en: Programación de actividades polos 60 anos do Club Cultural Valle-Inclán

























