24.9 C
Lugo
Vie, 2 Jun 2023
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Milesios en concerto

30 de diciembre, 2022 - 20:00

Milesios en concerto

O grupo de música folk Milesios actúa este venres na Capela de Santa María ás 20.00 horas.

A banda, que se caracteriza por explorar coa súa música a relación entre a cultura
galega e irlandesa con pezas que beben de ambas tradicións e outras de composición propia, interpretará un repertorio con temas dos seus dous traballos publicados e tamén pezas inéditas, que se incluirán no seu próximo traballo, un proxecto en camiño co que
celebrarán máis dunha década na música.

O concerto é parte da programación musical prevista para a dinamización da exposición sobre gaitas de fol da Península, coordinada por Pablo Carpintero e Rosa Sánchez, que pode verse ata o 4 de xaneiro no Centro de Artesanía e Deseño.

Milesios

Milesios nace a comezos do verán de 2009.

Un grupo de amigos reúnense para poñer a nota tradicional no Penela Rock, unha cita anual da comarca monfortina.

Úneos o seu interese pola música tradicional galega e irlandesa.

Desde esa data actuaron en numerosos festivais: Rabafolc 2010, Festival celta máis pequeno do mundo, San Froilán 2011, 2013, 2015 e 2017, Noite Celta de Porcía 2012, Pardiñas 2012, Festival 27373 2014, Festival da Chaira 2013 e 2018, Sons da Celtibéria 2017, compartindo escenario con grupos como Berrogüetto, Capercaillie, Coetus, Kepa
Junquera, Pepe Vaamonde Grupo, Quempallou ou Tiruleque.

Tamén tocaron en locais de música en directo, como A Repichoca de Coruña, Marrucho de
Baiona ou Clavicémbalo de Lugo. En 2011 foron un dos 10 finalistas do Proxecto Runas do Festival de Ortigueira. En 2015, foron premiados no III Certamen “Folk en la Sierra – FIS 2012”, ex aequo con BOC, de Baleares, e Menaya de Soria.

Detalles

Fecha:
30 de diciembre, 2022
Hora:
20:00
Categoría del Evento:

Local

Sala de exposicións da Capela de Santa María
Ronda da Muralla, 140
Lugo, Lugo 27004
+ Google Map
Teléfono:
982 21 00 66
Ver la web Local