Obradoiro de fotogrametría e excursión ao bosque coa artista residente Marta Valverde
Domingo 06/04
«Neste taller ao aire libre de tres horas aprenderemos a realizar fotogrametrías, unha técnica na que se parte de fotografías para crear modelos en 3D co móbil.
Recomendámosche que nesta semana vaias metendo na mochila algúns obxectos protectores, amuletos, memorias ou talismáns persoais.
O obradoiro comezará co roteiro na Praza do Campo ás 10.30h da mañá e baixará ata o río Miño. Ten unha duración estimada de tres horas e suxeita aos efectos da borrasca Nuria.
A actividade é gratuíta e aberta a todos os públicos, con inscrición no correo leirahaus@gmail.com»
Marta Valverde (Nigrán, 1994) traballa no cruzamento do documental, a ficción e o experimental, sendo os seus temas recorrentes a precariedade, a intimidade, a memoria e a autobiografía, desenvolvendo os seus proxectos en diferentes formatos como son o monocanal, o videoescenismo, os visuais, o live cinema ou a conferencia performativa.
Axenda Cultural de Lugo.
https://www.facebook.com/vivalugo
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte