Obradoiro de Mindfulness e Baño de Bosque

A UNED de Lugo organiza o próximo 21 de setembro a actividade “Obradoiro de Mindfulness e Baño de Bosque”, unha proposta experiencial que combina atención plena, natureza e benestar.
A actividade terá lugar nunha plataforma situada nas carballeiras da Reserva da Biosfera Terras do Miño, no Paseo do Río Rato de Lugo, con punto de encontro no Restaurante Terras do Miño ás 16:30 h.
A iniciativa combinará unha sesión de mindfulness, impartida por Marta Vales, cun baño de bosque guiado, dirixido por Mercedes Rois. A través de exercicios de atención á respiración, ao corpo, ao movemento e aos sentidos, as persoas participantes poderán experimentar distintas formas de conexión consciente coa contorna natural.
Ambas as prácticas contan con respaldo científico e asócianse con beneficios como a redución do estrés e da ansiedade, a mellora da regulación emocional, da concentración e do estado de ánimo, ademais de favorecer unha maior sensación de calma e benestar.
Para máis información e inscricións (10€), as persoas interesadas poden consultar a seguinte ligazón: https://extension.uned.es/actividad/idactividad/55013

