
Obradoiro ‘Olores e sabores da antiga Roma: descubrindo a domus a través dos sentidos’
Como cada ano, o Museo universitario Domus do Mitreo celebra o Nadal cunha programación de obradoiros dirixida ás familias.
Neta ocasión, baixo o título ‘Olores e sabores da antiga Roma: descubrindo a domus a través dos sentidos’, convídase a descubrir o xacemento de forma interactiva.
A través dunha percepción sensorial, deberase vincular olores, sabores ou sons coas distintas estancias do espazo museístico.
Estes obradoiros desenvolveranse ás 11.30 horas os días 27 de decembro e 3 de xaneiro, cunha duración de 35 minutos e unha visita guiada posterior.
O acceso é gratuíto previa reserva da entrada no teléfono 610323926 o en museomitreo.lugo@fundacionusc.gal.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte