Cargando Eventos

« Todos los Eventos

Obradoiros «Mulleres que fan ciencia»

11 de febrero - 12 de febrero

Obradoiros «Mulleres que fan ciencia» polo Día Internacional da muller e da nena na ciencia.

Dirixido a nenas e nenos, de 6 a 11 anos de idade, os obradoiros desenvolveranse os días 11 e 12 de febreiro. Haberá catro sesións de 90 minutos cada unha, distribuídas entre o centro de convivencia Maruja Mallo e na aula do Aprende Xogando do Parque da Milagrosa para falar de mulleres científicas, que son referentes neste ámbito ademais de romper estereotipos e cuestionar os roles de xénero.

Nestes obradoiros, diferenciaranse dous grupos: un para nenas e nenos de 6 a 11 anos, no que haberá un enfoque máis lúdico e narrativo, centrándose na exploración visual e na construción creativa; e outros dirixido a rapazas e rapaces de 9 a 11 anos, cun compoñente máis técnico e no que se dará protagonismo á resolución de problemas.

Inscricións de balde en igualdade@lugo.gal

Detalles

  • Comienza: 11 de febrero
  • Finaliza: 12 de febrero