Con motivo do Día Internacional dos Museos, que este ano leva por lema “O futuro dos museos en comunidades en constante cambio”, á Rede Museística Provincial de Lugo (RMPL) organiza no Museo Provincial de Lugo unha serie de actividades divulgativas e participativas os días 17 e 18 de maio, dirixidas a todos os públicos.
Estes obradoiros están organizados pola RMPL, en colaboración coa asociación Caetra Lucensium, co obxectivo de achegar a historia e o patrimonio ao público de maneira dinámica e participativa.
Lugar: Entrada do Museo Provincial de Lugo
Instalaremos unha carpa que acollerá unha recreación dunha CECA romana, con fragua e demais elementos típicos, para mostrar todo o proceso de fabricación dunha moeda na época romana.
As persoas asistentes poderán observar e coñecer os diferentes pasos do proceso, participando de maneira segura na acuñación das moedas. Ao remate, poderán levar unha réplica da moeda acuñada no obradoiro.
Lugar: Praza da Soidade, xunto á entrada do Museo
Exporase unha réplica única da bomba hidráulica deseñada por Ctsebio, baseada na peza orixinal que se conserva no Museo Arqueolóxico Nacional (MAN). Esta é, ata o momento, a única reprodución existente da devandita bomba. O público poderá coñecer o seu funcionamento e a súa relevancia tecnolóxica grazas ás explicacións do persoal especializado.
Lugar: Exterior do Museo (baixo carpa en caso de choiva)
Obradoiro especialmente pensado para os máis pequenos e pequenas, que poderán crear a súa propia moeda empregando pasta de modelaxe. A moeda que replicarán será un sestercio da Caetra, que levarán como recordo unha vez finalizado o obradoiro.
Lugar: Exterior do Museo (baixo carpa en caso de choiva)
As persoas participantes practicarán a capital rústica romana, unha das tipografías empregadas na Antiga Roma tanto en documentos como en graffitis. Contarán cun caderno de caligrafía deseñado para a ocasión.
INSCRICIÓNS: concertacionsrmp@gmail.com
INFORMACIÓN: info@museolugo.org | Praza da Soidade, s/n, 27001 Lugo | 982 242 112