30 e 31 de agosto
O Festival Trece Roeis, que xa se consolidou como un dos eventos musicais máis destacados da provincia de Lugo, contará este ano cun cartel de luxo no que figuran artistas de recoñecido prestixio no panorama nacional e galego, como Soziedad Alkoholika, Sôber, Skizoo, Fillas de Caxsandra ou Arrhythmia, entre outros.
A diversidade de actuacións e a calidade do evento garanten unha experiencia única para todos os asistentes, reforzando así o papel do festival como motor cultural e económico para a comarca.
Ademais da parte musical, a programación do festival ofrecerá outras actividades paralelas
como presentacións literarias, catas e degustacións gastronómicas, así como artesanía local, actividades para os máis pequenos e obradoiros.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte