Presentación da última novela de Cecilia F. Santomé «Boundaries Road»

O sábado, 27 de xuño, ás 12:30 horas, a libraría Trama acollerá a presentación da última novela de Cecilia F. Santomé, Boundaries Road
(Xerais, 2026) Premio de novela Eduardo Blanco-Amor 2025. A autora estará acompañada por María Fernández, dinamizadora cultural e coordinadora do Club de lectura Lugo.
Con este evento, arrinca unha xira de promoción que a levará nas vindeiras semanas, entre outras, á Feira do Libro de Vigo, ao festival Praza do Libros de Carballo e á V Feira da Cultura EnCaMiño.
A obra
Boundaries Road é unha marca no mapa da periferia anódina de Londres.
Un sitio coma outro calquera ata que á porta do número 62 aparece Cecilia, que necesita un cuarto para alugar, e Natalie e Tom, que buscan unha inquilina temporal, a acollen sen pensalo demasiado.
Nesa casa fermosa, exótica e fascinante, todos eles serán felices ata que unha crise insospeitada estale.
Anos despois, Cecilia volve a aqueles días movida pola memoria dun obxecto, pola forza da nostalxia.
Cunha prosa sensorial e exuberante, Boundaries Road é unha novela sobre o baleiro e a alienación urbana, un estudo lúcido e lúdico sobre os lugares que ocupamos e nos ocupan, sobre as múltiples capas que agocha a pel humana.





























