14.4 C
Lugo
Vie, 27 Jun 2025
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

Presentación de ‘Castelao, desta terra e deste tempo’

27 de junio - 19:00

Presentación de ‘Castelao, desta terra e deste tempo’ (Tempo Galiza Editora), de Manuel Rei Romeu

Venres, 27 de xuño
19:00h
Librería Trama, Lugo

Conversarán sobre o libro Manuel Rei Romeu, autor, e Rubén Arroxo, tenente de alcalde.

Sobre ‘Castelao, desta terra e deste tempo’:

Esta obra ofrece unha imaxe integral e sen deturpacións dun referente imprescindíbel para a Galiza de hoxe.

Ao longo desta monografía o autor fai un percorrido lineal pola obra artística e polas chaves ideolóxicas do pensamento de Castelao, esclarecendo que non está o artista confrontado ou illado do político nin o político á marxe do artista, como ben el mesmo se encargou de advertir en innúmeras ocasións. Hai sintonía de intereses e obxectivos entre ambas as facetas.

Nun momento en que o poder se esforza por estender a imaxe dun Castelao light, rebaixado nos seus presupostos ideolóxicos fundamentais, reducíndoo a “artista xenial” ou a unha especie de santo galeguista, é preciso coñecer e divulgar o Castelao auténtico, artista, caricaturista, pintor, escritor, pensador e dirixente político nacionalista, o home que colocou a súa vida e a súa obra ao servizo do pobo galego. Porque a súa obra e o seu pensamento continúan tendo plena vixencia e utilidade para construír a Galiza que el soñou, libre e dona do seu destino.

Detalles

Fecha:
27 de junio
Hora:
19:00
Categoría del Evento:

Local

Librería Trama
Avenida A Coruña, 21
Lugo, 27003
+ Google Map
Ver la web del Local