Presentación de «Depósitos de Ancestralidade»

Venres 27 de marzo de 2026 ás 19h00 en Leira
«Chega a primaveira e comezan a grelar as primeiras actividades na nosa Leira. Abrimos o ano continuando o segundo ano do ciclo “Corzas, penas e transparentes” onde revisamos de xeito crítico o emprego de mitoloxías e dos relatos máxicos que producen o noso pasado, presente e futuro.
Depósitos de Ancestralidade.História crítica do realismo mágico galego é o título do ensaio crítico de Pablo Pesado @pablopesrod. Unha viaxe de deconstrucción histórica no que percorre o realismo máxico galego como un fenómeno importado en resposta a certos intereses políticos e culturais. Os depósitos de ancestralidade actúan como unha fonte de recursos imagolóxicos exóticos cos que producir, publicitar e vender productos culturais.
O investigador Pablo Pesado e a escritora Lorena López @coleoptera.souto percorerrán algunhas das idea que sustentan o libro a fin de axudarnos a comprender as lóxicas de extracción e circulación de imaxinarios. O libro pertence á colección de ensaio crítico galego do Instituto Clara Corbelhe @claracorbelhe
Esta conversa comezará ás 19.00h da tarde do próximo venres 27 de marzo. Teremos exemplares do libro e algunha que outra sorpresa para celebrar a chegada do novo ano.»






















