11.6 C
Lugo
Mar, 18 Nov 2025
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Presentación de «Literatura insólita» de Armando Requeixo

9 de octubre - 19:30

Presentación de «Literatura insólita» de Armando Requeixo.

O xoves 9 de outubro, ás 19:30 h, na libraría La voz de la Verdad, en Lugo

Acompañando o autor, estarán Toño Núñez, escritor e profesor; Tonina Gay Parga, xornalista e dinamizadora cultural; e Grial Parga (Editorial Galaxia).

Editorial Galaxia vén de publicar «Literatura insólita», un volume no
que Armando Requeixo reúne unha ampla selección de artigos dedicados a
explorar o lado máis curioso, sorprendente e misterioso da creación
literaria.

Unha viaxe polas rarezas e misterios da literatura que percorre costumes
e manías de escritores, profesións paralelas, precocidades e
lonxevidades literarias, mortes novelescas, traizóns póstumas, títulos
singulares, linguas insólitas, dedicatorias únicas ou volumes
prohibidos.

Ao longo das súas páxinas tamén se abordan temas como illas e reinos
fabulados, o xadrez, os cemiterios, os trens, o humor, a medicina, as
invasións, os naufraxios, as matemáticas, o deporte, os templarios, os
cabalos, os paraugas ou a intelixencia artificial.

Un libro que se converte nun convite para mergullarse no lado oculto e
marabilloso da literatura.

Detalles

  • Fecha: 9 de octubre
  • Hora:
    19:30
  • Categoría del Evento:

Local

  • La Voz de la Verdad
  • Rúa Bispo Aguirre, 17
    LUGO, Lugo 27002 Spain
    + Google Map