- Este evento ha pasado.
Presentación do libro «A dama de Anboto»

O próximo mércores 26 de novembro ás 20:00h, o escritor Rober Cagiao presentará na libraría Lectocosmos o seu libro A dama de Anboto (con edición tamén en castelán, La dama de Anboto), acompañado por Eva Cameán, responsable da libraría Clarión de Carballo.
Mostra da tensión e do ritmo propios da mellor novela negra, a obra parte do achado do cadáver dunha muller moi preto de Portomarín, cuxa desaparición se denunciara sete anos antes en Guipúscoa.
A novela segue así o percurso dunha investigación que une Galicia con Euskadi, e na que se mesturan os interrogantes propios da pesquisa policial coa intervención de elementos da mitoloxía e das lendas populares da zona. Algo habitual na obra do autor.
A dama de Anboto é a decimoquinta novela de Rober Cagiao.























