Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Presentación do libro «Desvendando Rosalía e a súa obra»

13 de febrero - 19:30

Presentación do libro «Desvendando Rosalía e a súa obra»

13 de febreiro de 2026

19:30 horas – O Vello Cárcere de Lugo

Entrada libre e de balde ata completar aforo.

O Club Cultural Valle-Inclán presenta o libro Desvendando Rosalía e a súa obra, de Francisco Rodríguez, iste venres, día 13 de febrero, no Salón de Actos de O Vello Cárcere, ás 19:30 horas.
O autor estará acompañado polo prologuista do libro, Néstor Rego.
O libro é un contributo para desvendar a verdadeira Rosalía e a real significación da súa obra da man de quen, con obras fundamentais como Análise sociolóxica da obra de Rosalía de Castro (1988) ou Rosalía de Castro, estranxeira na súa patria (2011), contribuíu como ninguén a deitar por terra os estereotipos e deturpacións interesadas sobre a autora.
Recolle unha colección de artigos publicados por Francisco Rodríguez nos últimos anos en diversos dixitais, xornais e publicacións especializadas, sempre co ánimo de facer chegar ao grande público unha outra imaxe de Rosalía de Castro, resultado de anos de investigacións e análises rigorosas, fiel á realidade mais aínda hoxe non plenmanente asumida.
Francisco Rodríguez (1945), Doutor en Filoloxía Románica, é escritor, crítico literario e historiador.

Detalles

  • Fecha: 13 de febrero
  • Hora:
    19:30
  • Categoría del Evento:

Local

  • O Vello Cárcere
  • Av. Alcalde Anxo López Pérez, 10
    Lugo, Lugo 27002 Spain
    + Google Map
  • Teléfono 982 29 71 95