Venres día 25 de abril – Salón de Actos da Deputación de Lugo ás 20:00
Falarán no acto Norberto Pablo Cirio, autor do libro, Iria Castro Fernández, Deputada
de Cultura da Deputación de Lugo e Ramon Pinheiro, editor de aCentral Folque.
Coa participación de Serxio Cobos na gaita e Iván Abal na zanfona.
Sobre o libro
Pode un home transformarse en música? Este libro narra a novelesca vida de José Ramón González Pérez (1913-2007).
Nacido en Cuba, pastor nos Ancares galegos e un destacado membro dunha estirpe de músicos documentada desde comezos do s. XIX, a dos Gaiteiros do Bodego . “Fuxido” pola súa lealdade á República durante a Guerra Civil, “recrutado forzoso” ás ordes de fascistas e nazis, emigrante na Arxentina en 1949 coa súa compañeira, Dorinda, e coa súa primoxénita, Amelia.
Durante os 58 anos e medio nos que viviu alí, fixo da arte da gaita un modo de existencia que lle permitiu sortear certas desgrazas e seguir conectado con todo o que amaba, até o punto —en palabras do seu biógrafo, o musicólogo arxentino Norberto Pablo Cirio— de transmutar a súa corporeidade ao instrumento.
Inclúese un CD cunha selección de gravacións de extraordinario valor musical e histórico, que inclúe as interpretacións que José Ramón enviou por medio de cartas sonoras a familiares e amigos a través do océano durante medio século.
Axenda Cultural de Lugo.
https://www.facebook.com/vivalugo
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte