Presentación do libro «Manual de camuflaxe» de Samuel Merino

Venres 10 de abril de 2026
19:00 horas
Librería Trama
O autor conversará co poeta Luís Valle.
Entrada de balde
«Manual de camuflaxe» ( Xerais) XIII Premio Manuel Lueiro Rey de Poesía, é unha expedición creativa que nos envolve e nos interroga, unha fenda luminosa. Máis aló da adaptación á contorna, a camuflaxe sinala o paradoxal desexo de ser visto, de ser recoñecido no mesmo medio da disolución. Nesa tensión entre o visíbel e o velado, os versos de Samuel Merino adquiren unha calidade especular, devolvéndonos a nosa propia fraxilidade.
























