Presentación do libro «O cineísta andarengo. A propósito de Bernardino de Lamas»
de Manolo González
O autor estará acompañado de Rigoberto Marrero Piñón e Pepe Coira.
Sobre ‘O cineísta andarengo. A propósito de Bernardino de Lamas’:
Sempre abordamos a historia do cinema dende a perspectiva dos cineastas profesionais, pero poucas veces consideramos de interese o punto de vista do amateur, aquel que, como denota a súa raíz latina amare, implica facer algo por pracer, por puro amor.
Bernardino de Lamas, en realidade un pseudónimo do xornalista Alfonso Piñón, é un dos pioneiros cineístas amateur de Galicia.
Nos libros de historia do cinema galego apenas representaba algo máis dunha nota a pé de páxina. Falábase esquematicamente dun cineísta descoñecido de Ferrol. Explorando descubrimos que, ademais de cineísta, Alfonso Piñón/Bernardino de Lamas foi un xornalista andarengo comprometido coa natureza, un descubridor de sendeiros ocultos, un filósofo das corredoiras e congostras esquecidas, un singular homo viator. Case un precursor do ecoloxismo contemporáneo adiantado ao seu tempo.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte