5 C
Lugo
Lun, 22 Dic 2025
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

Presentación do libro «O reiseñor poeta de Randulfe”

23 de diciembre - 18:00

O próximo martes, 23, ás 18,00 h., vaise presentar no salón de actos da Biblioteca provincial “O reiseñor poeta de Randulfe”, obra póstuma do xenetista Santiago Rodríguez sobre a obra de seu pai, o escritor paradelense Manuel Rodríguez López.

Na presentación intervirán:

  • a viuva e o fillo do autor (Mary Otero Rolle e Carlos Rodríguez Otero);
  • o escritor Mero Iglesias Dobarrio;
  • a alcaldesa de Paradela, Montserrat Mulet;
  • o Secretario Xeral da Lingua, Valentín García e
  • o Fillo Predilecto de Paradela, Ángel Fernández.
Santiago Rodríguez

Santiago Rodríguez (Barcelona, 1971), faleceu o pasado 19 de marzo do 2024 en Bristol (U.K.), sendo trasladados os seus restos a Paradela, e soterrados no Panteón de paradelenses ilustres xunto aos de seu pai.

O concello de Paradela, que tiña nomeado a Manuel Rodríguez Fillo Predilecto, acordou nomear a Santiago – destacado biólogo, xenetista e escritor – a título póstumo, Fillo Adoptivo do concello.

Santiago Rodríguez dedicou importante esforzo a estudar, codificar e divulgar a obra en prosa e verso de seu pai, volcándose os últimos anos en traballar no estudo destes escritos nun traballo que quedou inédito ao seu pasamento, sendo rescatado pola familia e os amigos para ser editado de xeito póstumo como lembranza e homenaxe a pai e fillo, por parte do Concello de Paradela e a Xunta de Galicia.

Os asistentes á presentación recibirán cadanseu exemplar do libro.

Detalles

  • Fecha: 23 de diciembre
  • Hora:
    18:00
  • Categoría del Evento:

Local

  • Biblioteca Provincial de Lugo
  • Avda Ramón Ferreiro
    Lugo,
    + Google Map