Presentación do libro «Quen conduce o Estado. Arte, ideas, artistas e movementos que deron forma á vitoria do Estatuto de Galicia de 1936»

Presentación do libro «Quen conduce o Estado. Arte, ideas, artistas e movementos que deron forma á vitoria do Estatuto de Galicia de 1936»
Venres 25 de setembro
19:00 horas
Presentación desta obra a cargo da súa autora, Iria-Friné Rivera Vázquez. O acto celebrarase no Museo Provincial de Lugo.
Explicarase a personalidade estética e temática desta publicación. Centrada na campaña do Estatuto de Autonomía galega, as súas liñas son Arte e enxeñería de masas, imaxe, publicidade e comunicación, estilo artístico e as súas connotacións así como a transcendencia da tradición galega do debate, negociación e pactos, a Cultura, a xestión industrial, as finanzas, os negocios e o agro, a circulación política e económica e a conformación de institucións dende a Xunta Suprema do Reino de Galicia. Isto inclúe as referencias da Revolución Estética Galega dende 1920, institucionalizadas a partir de 1931.
A campaña incorporou estas cuestións, proxectando unha imaxe pública emancipatoria que recollía o dinamismo e a consciencia transversal de todas as clases sociais. Imaxe vertebrada a través de estilos –Art Déco, Expresionismo, Ballets Rusos, Romanticismo Negro–, da cultura visual do parlamentarismo británico @ukparliament dos valores da Ilustración e o Romanticismo, das Revolucións de Independencia de América, a Revolución Francesa, a Revolución Galega de 1846, a Revolución do 17, da presenza da muller na sociedade e o sufraxio, en mitins e coas innovacións dos campos da radiocomunicación, a cinematografía, o cartelismo, as instalacións urbanas e a tecnoloxía resultante dos procesos da Revolución Industrial. Todo isto unido a artistas –como Camilo Díaz Baliño, Castelao, López Bouza ou Seoane– que actuaron como figuras de Estado, en sinerxía con mulleres e homes que foron parte da campaña dende as asociacións agrarias e educativas ata nos círculos diplomáticos, consellos de Ministros e no Congreso dos Deputados en Madrid @congreso_diputados
Entregarase un volume da obra por asistente ata completar aforo.
Cartaz: obra de David Segade Queiruga @dsegade inspirada na entrada do Cinema Avenida (1937) deseñado polo arquitecto Rafael González Villar en estilo Déco con referencias o Futurismo e a Bauhaus, hoxe nos Cantóns da Coruña.

