Cargando Eventos

« Todos los Eventos

Presentación do libro «Ruth Matilda Anderson, tradutora das marxes»

8 de mayo - 19:00
Presentación do libro «Ruth Matilda Anderson, tradutora das marxes»

Venres, 8 de maio, ás 19.00 h, Librería Trama

Neste encontro participan a autora do limiar, a profesora de Historia e investigadora Ana Cabana Iglesia, e a autora do libro, Alba Rodríguez Saavedra.
«Neste encontro, conversaremos ambas sobre Ruth Matilda Anderson (Nebraska, 1893-Nova York, 1983), conservadora da Hispanic Society of America, e por que ficou na periferia dos rexistros literarios galegos durante case un século, mesmo malia ser a maior tradutora de Rosalía de Castro co par galego-inglés ata 1964.
En Ruth Matilda Anderson, tradutora das marxes intentamos desenmascarar os diferentes mecanismos que, consonte o investigado, desde 1939, operaron e operan para manter afastado do noso sistema Gallegan Provinces of Spain. Pontevedra and La Coruña, a monografía referencial de Anderson sobre Galicia e a única desta tipoloxía que publicou.
Nela, ademais das devanditas traducións e de presentar unha análise exhaustiva do país alicerzada na documentación histórica, literaria e etnográfica, reflíctese con claridade, a través da cesión da palabra ás protagonistas, a dureza da vida das mulleres rurais da altura, así como o compromiso feminista de dúas escritoras paradigmáticas, Rosalía de Castro e Emilia Pardo Bazán.
Ruth Matilda Anderson, investigadora, fotógrafa, tradutora e ensaísta, reivindicou a Galicia do campesiñado, das mulleres e da infancia, trasladando unha visión complementaria á que tradicionalmente ofreceu a nosa historiografía canónica. Esta subversión, alicerzada nun proceso de tradución de dobre vía (galego-inglés e inglés-galego), foi, na opinión da autora deste libro, a razón que motivou a súa expulsión ás marxes, desde onde agora é reclamada para recuperarmos os testemuños dun tempo e dunhas vidas que se nos ocultaran. «

Detalles

Local