7.6 C
Lugo
Sáb, 23 Nov 2024
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Presentación do libro «Universo Aurora Sampedro Piñeiro»

24 de octubre - 19:00

Presentación do libro «Universo Aurora Sampedro Piñeiro»

O escritor e licenciado en catro disciplinas académicas pola UNED, Manuel Rivero Pérez, fará un repaso sobre a vida da científica mariñá na presentación do seu libro “Universo Aurora Sampedro Piñeiro”.

Poderase asistir de forma presencial (Salón de Actos UNED Lugo) ou online, en directo ou en diferido, o 24 de outubro, ás 19:00 horas.

Máis información e matrícula en:

https://extension.uned.es/actividad/40207&codigo=PDLAS

Manuel Rivero Pérez

Manuel Rivero Pérez é

Licenciado en Psicoloxía (UNED),

Licenciado en Socioloxía (UNED),

Licenciado en Antropoloxía (UNED),

Licenciado en Ciencias Políticas (UNED),

Graduado Social (Universidade de Santiago),

Doutorando en Humanidades (Universidade da Coruña),

Experto Socio-laboral (UNED), Máster en Recursos Humanos e Dereito Laboral (CEREM),

European Financial Advisor (Instituto de Estudios Financieros) e Coach, certificado por ICC (International Coaching Community).

Completou a súa formación académica en finanzas, economía, management e recursos humanos no Instituto de Estudos Financeiros, Instituto de Empresa e IESE.

Autor dos libros:

“De Roncesvalles a Compostela; un recorrido por valores, habilidades, recursos y actitudes”. Texto traducido ao galego co título, “De Roncesvales a Compostela: Un percurso por: valores, habilidades, recursos e atitudes”;

“Las claves del autodesarrollo, del desempeño eficaz y del liderazgo;

“El ilímite del potencial humano”, en colaboración con Iago Santalla;

“A maldición do encoro”,

en imprenta “Eugenio Montes o intelectual silenciado”.

As súas investigacións sobre liderado, mentoring, coaching, programación neurolingüística, etnografía e parentesco, están publicadas en prensa e en medios especializados.

A Limia, a Maragatería e o Castro Laboreiro, son as comarcas que desde o ano 1982, centran os seus traballos de investigación.

Desenvolveu a súa carreira profesional, na Administración Pública (funcionario de Correos), nas empresa públicas (Caixa Postal e Argentaria) e na empresa privada (grupo BBVA).

Detalles

Fecha:
24 de octubre
Hora:
19:00
Categoría del Evento:

Local

UNED LUGO
Tolda de Castela Nº4B
Lugo, 27169
+ Google Map
Teléfono
982.28.02.02
Ver la web del Local