Presentación poemario «Lembranzas e sentimentos de quen soñou ser poeta»

de Antonio Lois Pérez. No evento participarán tamén Anxo Boán, José Estévez e Manuel Vázquez acompañarán ao autor
Entrada libre e de balde ata completar aforo.
O Vello Cárcere de Lugo
28/03/2026
Antonio Lois desprázase a Lugo para presentar o seu último poemario
O poeta, residente en Barcelona e nado no Castro de Mourelos, no Saviñao, cunha
interesante traxectoria ás costas, forxada con publicacións en revistas literarias e
libros colectivos, dá ao prelo unha nova obra que xira arredor da temática que o
levou á escrita, a cultura labrega na que naceu e que reivindica sen idealismos e
cunha mirada aberta ao mundo, característica do viaxeiro impenitente.
En “Lembranzas e sentimentos de quen soñou ser poeta” o pasado está vivo,
cercano e distante a un tempo, asumido e valorado como parte fundamental da
construción persoal. O rural, a interiorización da paisaxe, a emigración e o intimismo
dan forma a unha mensaxe poética de esperanza, centrada na vida e no propio ser
humano como valioso patrimonio inmaterial






















