Primeira infancia – A trompa non só é cousa de elefantes
De Catro Cores
Dous pases:
Lugar: Auditorio Municipal Gustavo Freire
Idade recomendada: De 1 a 6 anos
Sinopse:
Catro cores é o único cuarteto de trompas de Galicia.
Catro músicas preséntannos un espectáculo musical e teatral para a primeira infancia, onde aprender e descubrir pouco a pouco a forma e a sonoridade dun instrumento musical: a trompa.
As partes deste instrumento encóntranse agochadas polo escenario e as instrumentistas terán que atopalas para poder facer música con el.
Finalmente construirán a trompa e con ela xogarán coas cores e melodías de diferentes pezas musicais nun concerto que estimula o sentido da vista e do ouvido , onde a trompa será a canle para crear diferentes ambientes e movementos inspirados en animais como un paxaro, un felino, o mundo oceánico e como non… un elefante!
Viva Lugo, Axenda Cultural de Lugo.
https://www.facebook.com/vivalugo
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte