
Primeira infancia «SUM»
De Baychimo Teatro
Domingo, 30 de novembro de 2025 17:00 hs. e 18:30 hs.
Lugar: Auditorio Municipal Gustavo Freire
Categoría: Primeira Infancia
Idade recomendada: A partir dos 18 meses
Na lingua Akan a palabra SUM significa SOMBRA.
Este espectáculo sumérxese na sombra, na nosa sombra, no máis amplo sentido da palabra.
Fala desa silueta escura que constitúe unha proxección de nós mesmas, dos nosos medos, desexos, descubrimentos…. Que medra con nós, que nós acompaña sempre, que contén todo aquelo que forma parte da nosa identidade.
Esa sombra podemos facela grande, grandísima e tamén pequena. Podemos xogar a deformala, a transformala, a bailar con ela…En SUM xogamos coa nosa sombra ata perdela!
ENTRADAS: 3€
Adquisición de entradas a través do portal web entradaslugo.es e na Oficina de Turismo ata 3 horas antes do comezo de cada función; e no auditorio, o día da función, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte