7.2 C
Lugo
Vie, 7 Feb 2025
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

Proxección do documental “Caldaloba”

7 de febrero - 20:00

Proxección do documental “Caldaloba”

Evento compartido na web da Axenda Cultural de Lugo, Viva Lugo.

O Salón de Actos do Pazo de San Marcos acollerá este venres  -7 de febreiro, ás 20.00 horas – a proxección do documental “Caldaloba” realizado por alumnas e alumanos do IES Río Miño de Rábade – Laura Campo, Uxía Moreno, Vicenzo Fernández, Javier Hermida e Isara Longarela, apoiados polo profesor da materia de Tecnoloxías da Información e da Comunicación Marco López-.

Tras a estrea en Cospeito o pasado mes de xaneiro, a área de Cultura promove esta nova proxección coa que se amplia a difusión do audiovisual e se recoñece o traballo das autoras, do centro e das persoas que colaboraron na súa produción e gravación.

O acto contará coas intervencións de Uxía Moreno, Ángel Lage, director do centro, e Xesús Pena e Ana Pena, responsables da  web Caldaloba, que recompila abundante material fotográfico e divulgativo sobre a fortaleza de Pino, en Cospeito.

As persoas asistentes á proxección, aberta e gratuíta, recibirán un exemplar da publicación  “A Torre de Caldaloba” de Fernán Álvarez, que recolle o relato do autor sobre a loita colectiva a prol da recuperación de Caldaloba impulsada polas Brigadas en Defensa do Patrimonio Chairego.

Promovido por: Vicepresidencia da Deputación

Axenda Cultural de Lugo, Viva Lugo.

https://www.facebook.com/vivalugo

https://www.instagram.com/vivalugo/

https://x.com/viva_lugo

www.vivalugo.es

Detalles

Fecha:
7 de febrero
Hora:
20:00
Categoría del Evento:

Local

Pazo de San Marcos – Deputación de Lugo
Rúa San Marcos, 8
lugo, Lugo 27001
+ Google Map
Teléfono
982 26 00 00
Ver la web del Local