Rober Cagiao presenta na libraría Lectocosmos o seu novo libro «Cadea de favores»

O mércores 29 de abril ás 20:00h o escritor Rober Cagiao presentará na libraría Lectocosmos o seu novo libro Cadea de favores (tamén na súa edición en castelán) en conversa con Eva Cameán, responsable da libraría Clarión de Carballo.
A obra continúa o universo creado n’ A dama de Anboto, retomando para iso as figuras da inspectora Galdós e o seu compañeiro Martín Lasarte, así como esa escrita tensa, desacougante e chea de xiros que tanto éxito de público lle valeu na novela anterior.
Nesta ocasión o misterio xira en torno á investigación de dous asasinatos simultáneos e ás sorpresas que se agochan na conexión entrambos crimes: Abdul Sarrán, portavoz da comunidade musulmá en Galicia, morto na fachada do Obradoiro, e o seu irmán Mohammed, asasinado aos pés da Alhambra.

























