Ruta pola arte de Borja Porto – Arte Lucus
O sábado 15 de marzo, de 11h a 13h, o guía turístico lucense Guido Álvarez Parga propón unha ruta pola arte de Borja Porto, graffiteiro, muralista e promotor do proxecto Arte Lucus.
Da xeración Otro Prisma, unha das máis prolíficas xeracións artísticas da cidade, na cal hai grandes nomes e premios internacionais como Diego AS, Rubén Paz (Trece Trazos), Tirso Paz (Bublegum), Guille Paz (Nesui) ou Mosca, Borja é un dos veteráns con dúas décadas de intervencións artísticas ás súas costas.
Esta actividade, para a que xa hai máis de 50 persoas inscritas, comezará no Parque de Albeiros, no barrio de Borja, que será unha das zonas protagonistas do percorrido. Quen queira inscribirse pode facelo -gratuítamente- a través do correo guidoguiaturismo@gmail.com
Axenda Cultural de Lugo.
https://www.facebook.com/vivalugo
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte