Segunda xornada do DivúlgaT 2026
13 de noviembre - 19:00

A segunda xornada do DivúlgaT, unha actividade incluída na programación do Outono Cultural, terá lugar o día 13 de novembro de 2026, ás 19:00 h, na Casa do Saber do campus de Lugo.
A finalidade do DivúlgaT, organizado pola Asociación de Investigadores AgroMar, é dar visibilidade social ao traballo desenvolvido polas investigadoras e investigadores do Campus de Lugo e potenciar o galego como lingua de comunicación e divulgación científica.


