
O Venres 28 de novembro ás 19:30h terá lugar en Leira, unha sesión de escoita do EP homónimo MOURAE「ND001」coa presenza da artista Mourae.
Esta sesión será o Finissage – celebración do peche – de Visión Periférica 25.
Nesta sesión, Mourae presenta o seu primeiro proxecto musical onde utiliza a simboloxía das mouras (seres mitolóxicos da tradición galega) como campo de xogo onde experimentar coa súa identidade e as súas propias vivencias.
Reflexionando sobre o que significa a tradición, mestura estruturas musicais da cultura popular galega con samples de videoxogos e retales de gravacións de campo lanzadas automaticamente mediante machine learning.
Unha homenaxe sonora construída vendo o tempo como unha incesante eternidade, como un mapa visto desde o ceo.
Sesión con inscrición previa en leirahaus@gmail.com. Prazas moi limitadas.
Visión periférica: red local de exploración contravisual é o proxecto de residencias artísticas do espazo de investigación, creación artística e produción cultural LEIRA (Lugo) para 2025 e é un proxecto financiado grazas ás Ayudas INJUVE a la Creación Joven.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte