(tamén ás 12:30) Contacontos “Son calado”
O Vello Cárcere
e
28/03/2026
Polo Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, que se celebra o 2 de Abril, leremos “Son calado”, de Andie Powers. Emilio non é tímido, é calado. Por fóra parece reservado, pero no seu interior é un aventureiro, explorador e amigo dos animais. demostrando que a verdadeira beleza está en ser quen realmente somos.
O tempo restante, os participantes poderán ler, debuxar ou xogar no Espazo de Lecer.
Público: nados entre 2017 e 2022 inclusive.
Aforo: 15 persoas.
*Recoméndase inscrición previa























