(Tamén ás 18:30) Familiar «Pié inquieto»
Familiar «Pié inquieto»
Cia La Clá
Domingo, 1 de marzo de 2026 ás 17:00 hs. e ás 18:30 hs.
Lugar: Auditorio Municipal Gustavo Freire Nota: Público no escenario.
Idade recomendada: Dos 10 meses aos 5 anos
Sinopse:
A nosa protagonista descubre que ainda que pensa que non ten nada, ten pés, uns pés que lle gustan porque “lévanlle a todas partes”. A súa inquietude lévaa a navegar pozas, nadar camiños, camiñar mares e así pouco a pouco ir viaxando lonxe da fábrica e coñecendo ao resto de habitantes de “Cidade Queda”. Teño pés pero… Quédanme grandes os pés? ou son pequenas as zapatillas?
ENTRADAS:
Adquisición de entradas a través do portal web entradaslugo.es e na Oficina de Turismo ata 3 horas antes do comezo de cada función; e no auditorio, o día da función, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo.
























