Cargando Eventos

« Todos los Eventos

Teatro «Achifánfanos»

9 de abril - 20:00

A cargo de Carlos Rebolo (Ítaca Teatro)

09 de Abril 2026, 20:00 – Entrada de balde. Salón de actos (ata completar capacidade) da Biblioteca Pública de Lugo

“Achifánfano: dise de toda cousa, obxecto ou aparello aparentemente inservible que, por algunha razón, motivo, causa ou circunstancia un decide gardar, sen saber moi ben por que»

Idede recomendada: Adultos

Carlos Rebolo, contador de historias, pon en pé esta proposta de narración oral
construída a partir de lembranzas, obxectos e pequenas historias que, coma os
propios “achifánfanos”, parecen inservibles pero agochan un significado especial.

O espectáculo nace dunha definición herdada da súa avoa: “Achifánfano: dise de toda
cousa, obxecto ou aparello aparentemente inservible que, por algunha razón, motivo,
causa ou circunstancia un decide gardar, sen saber moi ben por que”.

Baixo este suxestivo título, “Achifánfanos” convértese nunha viaxe íntima e chea de
humor pola memoria persoal, onde anécdotas aparentemente insignificantes cobran
vida sobre o escenario. Historias gardadas ao longo do tempo que, malia parecer que
non interesarían a ninguén, atopan agora o seu lugar no encontro co público.

Carlos Rebolo, que leva anos compartindo palabra e emoción desde o escenario,
presenta así un novo traballo de Ítaca Teatro no que a retranca, a proximidade e a
reflexión volven ser protagonistas, convidando ao público a recoñecerse nas pequenas
cousas da vida.

Detalles

Local

  • Biblioteca Provincial de Lugo
  • Avda Ramón Ferreiro
    Lugo,
    + Google Map