Teatro – Alta Costura

Alta Costura
de Elefante Elegante
Xoves, 9 de abril de 2026 20:30 hs.
Lugar: Auditorio Municipal Gustavo Freire
Idade recomendada: A partir dos 14 anos
Sinopse:
ALTA COSTURA é un espectáculo cómico, irónico e poético sobre a moda e a súa estreita relación co consumo, o recoñecemento social, a contaminación, a saúde e as condicións laborais.
Dá unha especial importancia aos mecanismos de venda e á relación contemporánea que o grande público ten co acto de mercar e de tirar roupa.
É unha creación de teatro físico e visual que se detén detalladamente na “fast-fashion”: o momento da compra, a filosofía do mercado e a rapidez con que os produtos son desvalorizados e se transforman en lixo altamente contaminante.
ENTRADAS
A través do portal web entradaslugo.es e na Oficina de Turismo ata 3 horas antes do comezo de cada función; e no auditorio, o día da función, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo.
























