O Circuíto Galego de Teatro Amador promovido por FEGATEA trae unha nova peza ó Escenario Hipócrita o 12 de outubro ás 20h.
Trátase da comedia para todos os públicos Camiños e carreiros, do grupo de Vedra Andaravía Teatro.
Camiños e carreiros é unha obra dirixida por Clara Gayo ambientada no Camiño de Santiago como espazo de encontro entre culturas, intereses e inquedanzas.
Dous veciños de Vedra unen as súas forzas para poder sacar uns cartos extras beneficiándose da proximidade do Camiño. Estarán preparados para atender e comprender as novas demandas do camiño do século XXI?
As entradas, ó prezo de 3€, poderán adquirirse no propio local dende unha hora antes da función.
A programación continuará o sábado 26 de outubro coa posta en escena de Arte, de Hipócrita Teatro.
Asociación Cultural Hipócrita Teatro
Viva Lugo, Axenda Cultural de Lugo.
https://www.facebook.com/vivalugo
https://www.instagram.com/vivalugo/
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte