
Un total de nove compañías e grupos teatrais de Lugo participarán nun percorrido teatralizado, coa muralla de telón de fondo, para representar unha pequena obra en cada unha das portas do monumento.
A ruta teatral comezará o sábado 22 ás 11.00 da mañá, na porta Falsa, coa actuación do grupo Hospital Teatro.
Vinte minutos despois, será o turno para a compañía Achádego Teatro, que representará a súa obra na porta de San Fernando.
O percorrido teatral continurá seguindo a Muralla, polo que a seginte parada será na porta de Bispo Odoario, ás 12.00 horas, coa actuación da compañía Solitaria do Dr.Monifate.
Uns vinte minutos despois a escea trasladarase á Porta Miñá, cunha nova representación, neste caso a cargo de Ubu Teatro.
Ás 12.45 está prevista a actuación de Bátega Teatro, na Porta de Santiago, que dará paso a representación a cargo da compañía Pinchacarneiro, na porta de Bispo Aguirre, a partir das 13.00 horas.
As representacións teatrais se trasladarás, ás 13.20 horas, ata a seguinte porta, a de Campo Castelo para acoller a actuación das e dos integrantes de Teatro do Miolo.
A Mosqueira será o escenario escollido pola agrupación Palimoquiños Teatro para actuar a partir das 13.45 horas, mentres que ás 14.00, a Asociación Cultural Ousadía será a encargada de actuar en derradeiro lugar, na porta de San Pedro, e poñer así o punto final a este percorrido teatral.
11.00 – Porta Falsa: representación breve da obra “O achado do Castro”, na que dous ladróns da época romana argallan derrocar ó Emperador, a cargo do Grupo de Teatro do Hospital de Lugo, será a encargada da abrir esta ruta teatral.
11.20 – Porta San Fernando: representación da montaxe de microteatro “Profundando nas cousas da vida”, baseada en relatos de Castelao, a cargo de Achádego.
12.00 – Porta Bispo Odoario: “A Muralla Arte Contemporaneo”, conta a historia dun home malo, que na súa busca do mal atopou dous elementos que lle permiten desenvolver facer o mal: a verdade e a arte contemporánea. Nunha disertación vai ser quen de incluir a peza A Muralla de Lugo de autoría colectiva no mercado da arte contemporánea. A representación corre a cargo da Compañía Solitaria do Dr. Monifate.
12.20 – Porta Miñá: coa actuación do grupo Ubu Teatro e a súa representación titulada “Contos de mañá”.
12.45- Porta Santiago o grupo Bátega Teatro propón unha función, que baixo o título de “Estraperlistas”, trata sobre o estraperlo e as portas da Muralla.
13.00 – Porta Bispo Aguirre: representación castrexa a cargo do grupo Pinchacarneiro.
13.20 – Porta Campo Castelo: “Pum, pum. Quen é?” é o título da representación que levará a cabo o grupo Teatro do Miolo e Cía, no que unha particular muller agarda; un inesperado interlocutor fai acto de presenza e cóntase así a historia dun encontro que desafía o tempo.
13.45 – A Mosqueira: “Non me esquezas“ e o título dunha performance sobre os acontecementos que tiveron lugar en Lugo dende a abdicación de Alfonso XIII e a proclamación da Repúbica na nosa cidade, lembrando a Rafael de Vega ou Juana Capdevielle, a cargo do grupo Palimoquiños Teatro.
Porta de San Pedro, ás 14.00 horas: representación da peza ”Lendas da muralla de Lugo” a cargo do grupo Teatro Ousadía.