De Noviembre Teatro e Teatro Español
Idade recomendada: A partir dos 14 anos
Ficha Técnica:
– Dirección: Eduardo Vasco.
– Elenco: Jesús Calvo, Elena Rayos, Rafael Ortiz, Mar Calvo, Juan Carlos Talavera, Mario Portillo, Celia Pérez, Anna Nácher e Manuel Pico.
Sinopse:
O “veraneo” atópase entre as actividades sociais irrenunciabels das familias de Livorno e os preparativos de última hora resultan vertixinosos, xa que ninguén quere sufrir as calores estivais da cidade. O destino soñado son as apacibels vilas de la Toscana e, cómo non, todo o ocio e as diversións que o campo ofrece. A vida non se entende sen esta tempada de indolencia e repouso!
Pero a rivalidade e os celos encenden os ánimos durante os días previos á partida, e ainda que todo e cortesía entre as familias burguesas da cidade, unha enlouquecida competencia fará saltar todo polos aires. Leonardo e a súa irmá, pese a estar endebedados ata as cellas e contar con moi poucos recursos, non pensan quedar sen vacacións e, ademais, tendo en conta que a familia do seu veciño Filippo, e a súa bela filla Giacinta, téñeno todo a punto para partir cara un verán de fantasía.
E o mecanismo da comedia triunfa da man do maestro Goldoni: dous galáns namorados da mesma muller, dúas damas que rivalizan por estar á moda, criados que non saen do seu asombro pero enlean ao servizo dos seus amos, pais que non entenden nada e amigos gorróns que completan o cadro de personaxes desta divertida e elegante comedia.
ENTRADAS:
Adquisición de entradas a través do portal web entradaslugo.es e na Oficina de Turismo ata 3 horas antes do comezo de cada función; e no auditorio, o día da función, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo.
Axenda Cultural de Lugo.
https://www.facebook.com/vivalugo