Ítaca Teatro
Xoves, 24 de abril de 2025 20:30 hs.
Idade recomendada: A partir dos 14 anos
Sinopse:
Ela e El vólvense atopar, moito tempo despois. Ao longo da noite, tratarán de recompoñer as lembranzas do que foi a súa relación; os soños que compartiron, os medos que a truncaron, as ficcións que crearon e as cidades onde a imaxinaron xuntos.
Profetas presenta o encontro dunha parella que xa non o é. Dúas persoas que fan balance da súa historia común por medio doutras historias do cinema e da literatura.
Cuestións como o compromiso político e artístico, o amor e a creación están presentes nunha peza que funciona como un xogo de agochados, de abismos e de saltos entre realidade e ficción. Un conto que se conta para contarnos.
PROFETAS de Ernesto Is (16º Premio Abrente de textos teatrais da MIT de Ribadavia 2021)
ENTRADAS
Adquisición de entradas a través do portal web entradaslugo.es e na Oficina de Turismo ata 3 horas antes do comezo de cada función; e no auditorio, o día da función, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo.
Axenda Cultural de Lugo.
https://www.facebook.com/vivalugo
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte