0.8 C
Lugo
Dom, 16 Mar 2025
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

Teatro – Tebanas

30 de marzo - 19:00

Teatro – Tebanas

De Compañía Ay Teatro

  • domingo, 30 de marzo de 2025 19:00 hs.
Lugar: Auditorio Municipal Gustavo Freire

Idade recomendada: A partir dos 14 anos
Ficha Técnica:
– Dirección: Yayo Cáceres.
– Dramaturxia: Álvaro Tato.
– Elenco: Cira Ascanio, Marta Estal, Fran Garzía, Daniel Migueláñez, Gabriel de Mulder e Mario Salas.

Sinopse:

O pobo de Tebas revive os seus tres grandes mitos a modo de coro tráxico:

O rei Edipo busca ao asasino de seu pai para rematar coa maldición que sofre a cidade; a salvación depende de revelar o segredo máis terrible.

Eteocles, fillo de Edipo, defende Tebas do ataque do seu irmán Polinices, nunha guerra a morte polo poder.

Antígona, filla de Edipo, da sepultura ao seu defunto irmán a pesar da lei de Creonte, novo mandatario da cidade que prohíbe o enterro del enemigo.

Ay Teatro reúne varias obras mestras da traxedia grega representadas por un coro teatral de actores e músicos que reviven o gran mito de Tebas: a saga de Edipo e os seus descendentes.

Este elenco de actores e actrices novas, encarna a todas as personaxes dunha saga familiar que transgrede os límites sociais ata as últimas consecuencias, nun espello ético e moral onde se reflexan as grandes preguntas fundadoras da convivencia: son herdábels os delitos e as culpas? A verdade debe buscarse a calquera prezo? Existe un límite entre razón e crenza? Debe prevalecer o Estado sobre a persoa? Qué distingue ao aliado do enemigo? Cál é a fronteira entre xustiza e lei? En definitiva: Quén somos nós? Ay Teatro propón unha viaxe á orixe pura da traxedia clásica.

ENTRADAS:

Adquisición de entradas a través do portal web entradaslugo.es e na Oficina de Turismo ata 3 horas antes do comezo de cada función; e no auditorio, o día da función, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo.

Detalles

Fecha:
30 de marzo
Hora:
19:00
Categoría del Evento:

Local

​Auditorio Municipal Gustavo Freire
Parque da Milagrosa, Avda. da Coruña, s/n
Lugo, Lugo 27003 Spain
+ Google Map
Teléfono
982 24 44 05