- Este evento ha pasado.
Visita guiada á exposición de Paco Pestana
Visita guiada á exposición de Paco Pestana «Paseando cariñosas alimañas»
Sábado 29 de novembro de 2025
12:30
O Vello Cárcere. Hai que reservar praza no 982 297 195 ou enviando un mail a vellocarcere@lugo.gal
«Con esta proposta poñemos en valor o importante papel de Paco Pestana na Arte. Unha mostra que parte do proxecto artístico e vital do artista a través dunha aposta expositiva integrada por pezas do seu taller, do seu espazo máis persoal, o centro do seu proceso creativo e que durante tres meses formarán parte da paisaxe cultural de Lugo.
Paco Pestana é un artista que transcende a súa propia obra, artista universal, tendo esta mostra no Vello Carcere unha especial connotación, pois foi nesta contorna onde nos anos 70 fai unha exposición ao aire libre que inicia a súa traxectoria, deixando ao longo dos anos unha fonda pegada nesta cidade bimilenaria.
Mantivo sempre unha traxectoria coherente coa súa obra, que o levou a participar en importantes exposicións nacionais e internacionais, polo que é considerado como un referente do panorama artístico na segunda metade do século XX. Moitas grazas a Rita e Franscisco pola súa constante implicación neste proxecto.
Moitas grazas ao Concello de Lugo polo seu compromiso con esta mostra de Paco Pestana na súa cidade e para a súa cidade de transcendencia universal.»
Cristina Carballedo Penelas
Comisaria





























