Afundación, a Obra Social de ABANCA, abre o mércores 09/10 ao público o proxecto expositivo «Simultánea», que mostrará, ao mesmo tempo, en sete sedes, a súa
colección de arte vista como nunca antes.
«Escenas de costa e mar aberto» é a mostra deseñada para a Sede de Afundación de Lugo, onde o público poderá ver obras centradas en escenas relacionadas co mar e as rías.
A proposta, dunha envergadura inédita, nace para celebrar con toda Galicia, no marco da conmemoración do X aniversario da Obra Social de ABANCA, a riqueza dun patrimonio artístico ―Ben de Interese Cultural desde 2015― que Afundación tutela e divulga.
O proxecto expositivo mostrarase simultaneamente nas sedes de Afundación na Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Santiago, Pontevedra e Vigo.
Pola mañá, ás 10.30 h, haberá visitas guiadas para os medios. Pola tarde, programáronse
percorridos para todos os públicos, ás 19.00 e ás 20.00 h.
Inscripciones AQUÍ
Sede Afundación Lugo (praza Maior, 16)
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte