14 de setembro
A xornada festiva comezará ás 12.30 horas cun pasarrúas que partirá dende o centro de Lugo a cargo do grupo «Bloco Meigallo», seguido dunha misa ás 12.45 horas no palco do parque.
Ás 13.15 horas, Marga Rivera será a encargada de ofrecer o pregón, dando paso, ás 13.30 horas, a unha animada sesión vermú coa actuación de «Manquiña e os fabulosos weekends».
Pola tarde, a diversión continuará ás 16.00 horas con xogos populares da man de «profe Alba», seguidos dunha clase de swing con «Lola Saltatore» ás 17.00 horas.
Para pechar a xornada, ás 19.30 horas, os cantos de taberna do grupo «As Searas» porán o broche final ás celebracións.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte