Xornadas de portas abertas á Domus do Mitreo
O Museo Universitario A Domus do Mitreo súmase neste 2025 á conmemoración do Día Internacional dos Museos, que ten lugar cada 18 de maio, coas seguintes actividades:
o Museo acollerá unhas xornadas de portas abertas, con entrada gratuíta do 13 ao 18 de maio.
Horario:
Martes a sábado:
De 11:00 a 14:00 y de 17:00 a 20:00
Domingos y festivos:
De 11:00 a 14:00
Ademais, o martes 13, ás 19.00 horas, terá lugar unha conferencia de F. Arias Vilas, arqueólogo e antigo director do Museo do Castro de Viladonga e de Celso Rodríguez Cao, arqueólogo-director das escavacións da Domus.
Baixo o título ‘A Domus do Mitreo e a muralla, 25 anos despois’, conmemoraranse tanto o descubrimento da Domus como o 25 aniversario da declaración da muralla de Lugo como Patrimonio da Humanidade.
Finalmente, o xoves 15 de maio, ás 18.00 horas, realizarase unha Xincana co título
‘Coñecendo Lucus Augusti a partir da Domus do Mitreo’ na que as persoas participantes
terán que desvelar varias pistas e enigmas que lles permitirá descubrir os restos da antiga
Lucus Augusti. A actividade, apta para todas as idades, é gratuíta, pero as prazas son
limitadas, polo que é necesario inscribirse na dirección de correo
museomitreo.lugo@fundacionusc.gal No caso de que non se poida realizar debido ao mal
tempo, darase a coñecer unha data alternativa.
Axenda Cultural de Lugo.
https://www.facebook.com/vivalugo
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte