A expo que ven de abrir ao público no Museo Interactivo da Historia de Lugo está composta de vinilos, películas, libros, cadros, pósters, revistas e multitude de obxectos – máis de 1.000 pezas – sobre David Bowie, facendo así un recorrido completo pola súa vida profesional ademáis de descubrir obxectos únicos e rarezas que teñen moi poucas persoas no mundo.
Entre os máis de 500 elepés e singles que integran a exposición, atópase a edición española de Space Odity, unha das pezas máis valiosas e buscadas da colección xunto ao libro do fotógrafo Mick Rook, The Rise of David Bowie 1972-1973. Está asinado por ambos artistas e é o número 1775 de 1972 exemplares.
Pero ademais da extensa discografía, tamén hai unha trintena de películas, vídeos musicais e libros que fan referencia a este artista. Algún raros, como é o caso da cinta Soldier, na que sae dous segundos e nin tan sequera o seu nome aparece nos créditos.
A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acompañada do Voceiro Municipal, Miguel Fernández, e a Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana Abelleira, e de Carlos Luxor (dono da colección) inauguroraron a exposición
Horario da exposición
Se poderá visitar ata o 26 de abril, de martes a sábado, de 11:00 a 13:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas, e os domingos, de 17:00 a 20:00 horas. A entrada é de balde
O MIHL está situado no Parque da Milagrosa con acceso dende o propio parque e dende a Avenida Infanta Elena, Duquesa de Lugo.