Actividades escolares 2024/2025 na Rede Museística Provincial de Lugo.
A programación inclúe visitas e actividades presenciais e en liña dirixidas á comunidade educativa de infantil, primaria e secundaria.

Desde a Rede Museística Provincial de Lugo poñen a disposición dos centros educativos o programa de actividades escolares para o curso 2024-2025 que están  elaboradas a partir dos fondos do Museo Provincial de Lugo, o Museo do Mar de San Cibrao, o Museo Fortaleza San Paio de Narla e o Pazo de Tor.

A programación inclúe visitas e actividades presenciais e en liña dirixidas á comunidade educativa de infantil, primaria e secundaria.

O obxectivo da programación é achegar, un curso máis, o patrimonio conservado nos museos ao alumnado a través dun conxunto de actividades, deseñadas para cada etapa -infantil, primaria e secundaria –  a partir da experiencia e da investigación educativa que se desenvolve nos museos provinciais.

Con esta planificación didáctica busca o diálogo entre profesorado, alumnado e educadoras/es co obxectivo de tramar novos vínculos que investiguen e relacionen as coleccións e espazos do museo coa vida.

Algunhas das propostas fórmulanse a partir de “caixas de aprendizaxe”, que inclúen recursos e contidos elaborados pola Rede Museística para que o profesorado poida empregar na aula como ferramenta flexible, multidisciplinar e transversar para traballar a educacion en valores a través das coleccións dos museos.

A oferta de actividades presenta os seguintes bloques:

  • Recuperación de historias esquecidas
  • Fomento da igualdade
  • Dereitos culturais
  • Migración

Utilizando a educación como vehículo de cambio social pretende quitar muros e abrir mentes. Que pasa? Que podemos facer? Fagámolo!

Obxectivos


Explorar, coñecer e transmitir saberes fomentando a aprendizaxe integral.

Impulsar o pensamento crítico e a investigación.

Criar e fincar o sentimento de orgullo do propio e a pertenza a un territorio e/ou comunidade a partir da súa comprensión e dos valores que o constitúen

Habilitar canles de comunicación entre a comunidade educativa e os museos para facer do territorio un mapa de aprendizaxe e coñecemento común.

Dinamizar o coñecemento desde a acción e a cooperación directa coas persoas que habitan o territorio e cos axentes sociais e educativos (ser e facerse, construíndonos unhas con outras)

Experimentar o territorio, transcender os límites do museo e da escola, pisar o terreo, escoitar á comunidade e recoller os seus testemuños como pezas dunha historia común.

Facilitar un desenvolvemento persoal e social equilibrados onde o medio e a persoa van parellos.

Promover unha educación pausada, reflexiva, facendo camiño a ritmo, inclusiva, igualitaria e sostible.

+ INFO

Toda a información na web oficial da Rede Museística Provincial de Lugo

ria Castro subliñou “o importante traballo que realiza a Rede Museística ano tras ano para crear vínculos coa comunidade educativa e ofrecer propostas e materiais que relacionan as coleccións e espazos do museo coa súa propia vida e procesos de aprendizaxe, e que contribúen tamén a sensibilizar na conservación do patrimonio e da memoria”.

A xerente da Rede Museística Encarna Lago destacou que se trata dunha planificación baseada “na innovación educativa” que afonda na idea dun “museo educador, que fomente a aprendizaxe integral e impulse o pensamento crítico e a investigación”.