A exposición Mulleres Resistentes, organizada pola ARMH en O Vello Cárcere, fai un percorrido da loita que levaron a cabo as mulleres contra o fascismo.
Unha loita que a miúdo é esquecida pola historiografía, pero sen a cal é imposible entender os movementos de resistencia acontecidos na Europa do século XX.
Con esta exposición preténdense dar a coñecer a varias das mulleres que loitaron contra o fascismo a través das armas, da arte, dos coidados, ou resistindo en campos de concentración e cárceres. Realizando deste xeito, un mapa da memoria da resistencia en Europa
En O Vello Cárcere durante todo o mes de decembro ata o 5 de xaneiro.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte