O vindeiro 8 de Xaneiro de 2022, na Casa da Música, comeza o Ciclo Colusión onde artistas visuais e musicais se atopan para crear un espectáculo único. A música e o audiovisual galego está a vivir un dos seus momentos máis importantes da historia, máis cando se xuntan: Baiuca, Ortiga, Verto, Tanxungueiras, Lois Patiño, Anxos Fazáns…
Con esta idea, o de xuntar ámbalas dúas artes, nace este ciclo que organiza Solaina co patrocinio a Concellería de Xuventude e a colaboración de Cafés Candelas: artistas novas do noso panorama colisionan neste ciclo.
O ciclo está conformado por dúas parellas de artistas, unha do mundo da música e outra do audiovisual, que non se coñecían. Durante 1 mes e medio estiveron a traballar xuntas na creación destes concertos únicos, fusionando os seus pensamentos, ideas… para traernos 2 propostas das que poderemos gozar o vindeiro día 8 de Xaneiro na Casa da Música en Lugo.
O Ciclo comezará as 20h co proposta de crnds (música) e Inma Veiga (vídeo), ambas artista afincado en Compostela, crnds (A Coruña) produce música eléctronica de tons escuros a partir da música tradicional galega, bo reflexo é o seu EP Cernadas. Inma Veiga pola súa banda é natural de Parga en Lugo, algo que inflúe moito na súa obra, boa mostra é a súa curta Brthr, coa que gañou diversos premios onde trata o tema de ser novo e gai nun pobo do interior galego.
Despois deste primeiro concerto, a segunda parella que forman Grima (música) e Raquel Álvarez (vídeo). Ambalas dúas artistas pontevedresas. Grima, formado por Facundo Pardo e Laura Villar, son unha parella que conxugan na mesma proposta grunge, metal, stoner, punk e deixes de progresivo experimental con moita forza, o cal xa os colocou como referente dentro do undergound galego, levándoos o vindeiro ano a formar parte do cartaz do ResurectionFest. Raquel Álvarez é unha artista aínda en formación pero cunha grande produción e prestixio que a respalda. A súa produción centrase no vídeo, a foto e a dirección artística formando parte do equipo de F*ck this Studio en Vigo.