O grupo Bacabú presenta, por vez primeira en A Coruña na Casa Museo Casares Quiroga unha coidada escolma de obras na que o público terá a oportunidade de coñecer a cinco artistas lucenses: Bordell, Santiago Catalán, Jorge Espiral, Honorio e Xermán Refojo que, cunha dilatada traxectoria, deciden fundar unha sala de Exposicións no centro de Lugo no ano 1998 ena que, ate o ano 2002, expuxo o máis representativo da arte galega contemporánea. 

Ao longo deses anos, estes artistas amosaron o seu traballo neste espazo, tanto de maneira individual coma colectiva, empezando deste xeito unha traxectoria como grupo marcada pola fonda amizade entre eles e baixo a denominación de Bacabú.

Esta mostra, comisariada por Cristina Carballedo, poderá visitarse na Casa museo Casares Quiroga ata o 31 de agosto. Esta.mostra està 

Bordell destaca por un estilo definido e apaixonado e chega ao mundo artístico dende o espazo do cómic e da interpretación, coa realización de performances e personaxes en diferentes películas. Participa en numerosas revistas como Atlántico ou Con todo Lugo de detalles. Instálase un tempo en Nova Iorque e volta a Lugo para desenvolver numerosos proxectos, tanto individuais coma colectivos.

Santiago Catalán é creador dunha elegante iconografía propia na que se integran as súas facetas de arquitecto, debuxante e pintor que combina dende o ano 1978. Dende esta data ten protagonizado Exposicións individuais e colectivas en lugares como a sala COAM de Madrid, o Kiosco Alfonso da Coruña, o Museo Provincial de Lugo ou o Salón internacional de outono de Xapón.

O Museo de Lugo acolle a exposición “Arquitecturas debuxadas” de Santiago Catalán

Jorge Espiral entra no mundo artístico tendo como mestre ao pintor lucense Blas Loures. Realiza a súa primeira exposición no ano 1988 na Deputación de Lugo. Dende ese momento, os seus traballos teñen viaxado a lugares como Madrid, Sevilla ou México. Tamén é salientable o seu traballo de ilustrador para diferentes publicacións e actividades como a autoría do cartel da Semana de Cine de Autor de Lugo, entre outros.

Honorio exprésase cunha escultura principalmente figurativa, procedendo a unha certa deconstrución do corpo humano. Son numerosas as sús exposicións en Galicia e Portugal.

Xermán Refojo, un artista figurativo coñecedor de numerosas técnicas que traslada ás súas obras, onde mistura unha visión pop da existencia cunha reflexión irónica. É tamén un artista cunha fonda traxectoria expositiva en Galicia e Portugal e na que, coincidindo cos surrealistas, o título dos seus traballos e a composición intégranse nun todo.

Ao longo destes mes de agosto poderemos contemplar e gozar da obra destes cinco artistas que se definen a si mesmos como artistas que nadan a cotracorrente, apostando pola creación manual na plástica e na escultura. Todos eles empezan na década dos 90 con traballos de banda deseñada, para participar posteriormente en exposicións colectivas en numerosos lugares; salientando a gran exposición retrospectiva do ano 2014 no Cículo das Artes de Lugo a exposición no Museo provincial de Lugo, no espacio irxe da Cerca en Santiago de Compostela, na Capela da Madanela en Arzúa e no Centro Cultural Marcos Valcarce en Ourense.