LiberArte

Ademáis das exposicións permanentes do Vello Cárcere, este verán 2022, podes ver as seguintes: 

LiberArte

A mostra consta dunha selección de obras de artistas da asociación ALTERARTE.

De temática diversa, con algunhas facendo un guiño a Lugo, á catedral, ao río Miño,  e outras que expresan sentimentos de soidade nun cárcere ou ansia de liberdade. A maioría son temas dispares, con temática, técnicas e estilos diferentes  que conforman a diversidade da asociación.

Artistas: Ana Padín, Aurea Pousa, Azpeitia, Carmen Balbuena, Concetta Montenegro, Constantino González, David Cabaleiro, Lorena Novoa, Luís Martín, Luís Viñas, Luisa Paz, Lurdes Meis, Manuel Cerdeira, María Fortes Blanco, Pilar G. Mourín, R. Priegue e Tania Ulloa.

Poderá visitarse do 16 de xullo ata o 15 de outubro do 2022.

Tinga Tinga
Tinga Tinga

O artista tanzano afincando en Lugo, Allen Enock Abeid, expón nas celas de homes unha mostra de arte Tinga Tinga.

O Tinga Tinga é un xénero pictórico creado no leste de África a principios do século XX. Pode considerarse un estilo naïve e carica – turesco, “arte que fai sorrir”, “arte mantra”, etc. De calquera maneira, difícil de catalogar baixo os estándares occidentais, pero podería encadrarse próximo ao estilo surrealista e a representación ­figurativa.

Foi creado inicialmente para a representación do imaxinario do pobo africano: a fauna e flora africanas, as rutinas tradicionais da tribo masai, pero tamén baixo a infuencia da importante demanda turística na zona.

Emprega, na maioría dos casos, pintura acrílica de cores moi saturados, e cun acabado brillante ou “glossy”. O trazo realízase cunha liña nítida e firme e predomina a liña curva.

Importantes representantes deste xénero son: Edward Tingatinga Said, Simon Mpata, Omari Amonde, George Lilanga, Noel Kapanda, Mchibi Halfani.

Allen Enock Abeid é un artista novo nado no ano 1989 nunha localidade rural de Tanzania. Exerce como guía local nunha das plantacións de café nas que se atopa o salto de auga de Materuni. Acaba de participar na National Cup of Germany of Social Entrepreneurs (Trofeo nacional de Alemaña de emprendedores no eido social) baixo a asociación de comercio xusto «Asante.sanaa» que procura dar voz e comercializar no mercado europeo a artistas tanzanos.

Actualmente atópase empadroado en Lugo e continúa a desenvolver o seu labor artístico.

Dende o 15 de xullo ao 31 de setembro do 2022

 

El Paraíso Perdido
El Paraíso Perdido

Artistas: o ilustrador valenciano Pablo Auladell.

Consta de 46 pezas, que mostran o proceso creativo do autor na adaptación do poema de John Milton á novela gráfica, libro que foi publicado no Reino Unido, Brasil, Francia e Holanda. En total, poderán verse 40 debuxos, 6 ilustracións e outros documentos que completan a visión do proceso.

Pablo Auladell (Alacant, 1972) é licenciado en Filoloxía Inglesa, e traballa como debuxante e ilustrador. Traballou con clásicos e textos contemporáneos, ao mesmo tempo que desenvolve o seu propio terreo narrativo. 

O seu traballo foi recoñecido co Premio do Ministerio de Cultura ás Mellores Ilustracións de Libros Infantís e Xuvenís en 2005 por Peiter, Peter e Peer e outros contos de Andersen, o Premio ao Autor Revelación no Salgou do Cómic de Barcelona de 2006 por La Torre Brancae o Premio Nacional de Cómic 2016 por El Paraíso perdido.

Poderá visitarse durante os meses de xullo, agosto e setembro.

«Atlánticas. Mulleres do Nordés»

Artista: a coruñesa Viki Rivadulla

Unha exposición homenaxe ás mulleres da Costa da Morte.

Este conxunto de acrílicos amosan unha visión onírica da figura feminina do litoral galego.

A través da representación de mulleres e símbolos mariños, a artista transmite unha forma de vida e unha cultura do mar da que forma parte e que nos últimos tempos periga. É un canto de resistencia e liberdade nas voces das mulleres do mar.

Dende xuño ata agosto de 2022.