Coa colaboración do escritor Antonio Reigosa e da ilustradora local Noemí López o Goberno de Lugo vén de instalar seis paneis no barrio da Ponte, recompilando lendas tradicionais sobre a vida do barrio e sobre a cultura tradicional do mesmo.

O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, afirmou que “queremos potenciar o atractivo turístico desta zona da cidade, que conta cunha longa historia e cun gran potencial ao atoparse na contorna do Río, ademais de contar cun gran peso patrimonial, coa Ponte Romana”. Arroxo explicou que “realizamos esta acción recollendo as solicitudes da veciñanza da zona reclamando este tipo de instalacións para mellorar a imaxe do barrio”.

Fonte da foto: Gab. Com. Cultura Concello de Lugo