Chega ao MIHL a Mostra de Arte na Rúa Culturban 2021 recompilando os distintos murais realizados durante o II Combate Mural, os traballos murais que se elaboraron ao aire libre pola cidade e outras accións artísticas do Festival Culturban. 

Hai obras de Eduardo Baamonde, Juan José López (Lomarti), Isabel Seidell, Miguel Ángel Macía, Manuel Cajaraville, Edu Fernández García-Gesto, León Comesaña, Gema López, Iván Mouronte e Dani Vera.

A exposición estará aberta ao público até mediados de xaneiro do 2022, e contará con actividades e obradoiros arredor da mesma, organizados dentro da programación habitual do MIHL. Ademais, contará cunha proxección contínua dunha peza documental sobre o combate mural.

Durante a inauguració, a concelleira de cultura Maite Ferreiro explicou que “co Culturban damos desde a área de Cultura un novo espazo ás propostas de arte emerxentes, achegando unha canle de difusión ás novas propostas artísticas e achegando novas ofertas de lecer á veciñanza”.

O Culturban está promovido pola área de cultura do concello de Lugo e o Espacio Lupa Arte

Museo Interactivo da Historia de Lugo –  Parque da Milagrosa – Av. Infanta Elena, s/n, 27003 Lugo

Teléfono: 982 29 74 46